Saturday 18 de May de 2024

A Biblioteca acollerá o xoves 17 de novembro a presentación do libro “El monte o la muerte, Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra”, do escritor Santiago Macías


A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro xoves, día 17, a Biblioteca municipal acollerá a presentación do libro “El monte o la muerte, Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra”, do escritor Santiago Macías. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto a partir das 18.30 horas.
A obra é un relato da epopeia, moitas veces sanguenta, da guerrilla antifranquista centrado na figura de

Manuel Girón, o máis lexendario dos seus integrantes.
Tres lustros despois da primeira publicación, Macías amplía a oitava edición con documentos inéditos e novos descubrimentos desta apaixoante historia que segue a ser referencia para os estudosos da posguerra. Pero, por riba de todo, en palabras do seu autor, a obra trata de aportar luz ás familias que aínda hoxe buscan información sobre os seus antepasados.

Santiago Macías (decembro 1972) é colaborador en medios de comunicación e un dos fundadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala.